| Nas terras medias entre Elas e Arros asentouse una presa de pequenas trebas pouco estudiadas, nunha zoa que aparece sinalada con cuadradiños:
Leunos.- Situación incerta intre o rio Miño e os Seurbos, pode que en terras Grovias. A raiz "unos" do nome recorda ona treba antela tamen dos Konii.
Seurbos.- Situación incerta intre os Leunos e Bracara, pode que en terras Galecas. O nome pode ser unha simplificación de "Seur(ro)bos".
Luancos.- Cidade situada intre os Grovios e os Querquernos, según dixo Ptolomeo. O nome pode ser unha simplificación de "lu(k)anacos"
Lubenos.- O seu nome ven de Lupus (Lobos) polo que pode que teñan relación cos pobos de Ourense chamados Lobeira (Vila) e Lobios (Fondevila).
Equesios.- Situanse na parte alta do val do río Salas e nas vertentes da serra de Larouco, no nome conservan a "Q" dos celtas antergos e pode que foran antecesores dos Pesicos (Asturias), dado que se a Q pasou a P, Equesio podeu evolucionar a "Epesio".
Bibalos.- Pode que estiveran situados arredor do rio Bubal (chamado polos da zoa Bibalo segun Lopez-Cuevillas), situanse en Montealegre, Cualedro, Baltar, Monterrei e Oimbra.
Tamaganos.- Situanse no nacemento do rio Tamega, onde ai duas aldeas chamadas Tamagos e Tabaguelos, o nome da sua treba sería: "Tamaga" o que semella sere una variante galegizada da treba "Amaca" de León.
Nemetatos.- Algunhes autores situanos na comarca de Viana do Bolo, ainda que non e seguro. O seu nome non indica raiz tribal pois so significa "os do medio".
Aebisocios.- Estivo en torno a Chaves, mais non se sabe a localización. Pode que a raiz "ebesa" sexan descendente de "Equesa", pero mais recente que "epesa".
Aobrigenses.- Estivo en torno a Chaves, mais non se sabe a localización. Pode que fora Oimbra. O nome significa "os da cidade".
Interamnicos.- Se non son os da Asturica a sua localización na Bracarense e incerta.
|