Ir a soios.com

Unha gaita

Fisterras

Músicas escoito moitas.
O que din, non o entendo
Son músicas de xoven,
Que enchen as ondas, e...
Coma un exército galopante,
Todo o invade.
Na radio, na televisión,
Nos festivais e nas festas,
Poderoso diñeiro
Que vende, e vende...
As miñas sensibilidades,
As miñas raíces musicales.
Coma noctámbulo ando
Na noite dos ensoños,
Escoitando perdido, non oio...
Músicas queridas,
Músicas sentidas,
Músicas dos meus soños.
Silenzo!!!... no silenzo,
O corpo estremécese,
Os sentidos en vilo,
Os ouvidos sensibles... !!! unha gaita !!!
É galega?... sí, é galega,
!! Unha muiñeira !!,
Muiñeira é... galega.
Aillado nun oceano
De músicas e voces alleas,
Vendo a quen eu dei vida,
Apaixoados cas músicas
Que os exércitos poderosos,
As ondas dominan,
Síntome tan pequeno,
Que canto para o meu adentro:
"Negra Sombra", do meu tormento,
Que soio o recordo, éncheme de morriña
O corpo encólleseme,
E váiseme a vida...
I en isto, !!! unha muiñeira !!!,
Atraveso das ondas,
Será de mentira?,
Agudo os sentidos,
Sinto os latidos,
Escoito o ritmo... ???
É unha muiñeira, !! muiñeira galega !!
Muiñeira que me saca, da miña morriña,
Estou vivo ??, !! isto da vida !!,
!!! Viva Galiza, e a nosa morriña !!!.

Ficos, en Helmond (Holanda), novembro do 2001

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ