Ir a soios.com

Torre de Hércules

Fisterras

Eu mireinos, sí
Mireinos marchar,
Vinnos enriba do vapor
A eles tres,
Julio, Tere e José Antonio,
Os tres irmáns,
Os tres co corazón nun puño,
E a esperanza de abrazar ao pai.

Eu mireinos, sí
Ca esperanza, de velos un dia volver,
Nai, fillos e pai,
De vir xunta a min,
Eu que os vin partir,
Xa nunca mais... xuntos virán a mín,
Eu que os vin partir,

!!Torre de Hércules!!
Eu mireinos... !!sí!!.

I eu que vexo ístas bágoas
Chegaren en mares a mín,
Chegaren de fillos sin paes
Deixando aqueles lugares,
Deixando a quen eu un dia vin partir,
Sí... Eu mireinos... sí

!! Choraren por mín !!.

Ficos, Helmond-Holanda, abril do 2002.
Dedicado a Julio Alcazar e familia, en Venezuela.

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ