Ir a soios.com

A Seguridade Social

Fisterras

Traballo e pago
O seguro !!
Millóns..., coma min,
E obrigado !!,
Traballo e traballo
E pago e máis pago.

Onde van ?, istes meus
Os nosos cartos,
Que sendo moitos
Non podo contalos,
Nin sei deles
Nin me deixan adeministralos.

O que si eu sei,
E que sendo dono
Do que eu pago,
Non recibo trato
Coma tal dono,
Si coma un escravo.

A modiño,
Coma en tempos pasados
A historia repítese,
Uns fanse donos
Outros fannos escravos,
Ca forza de unhos moitos
Coma uns Reis !!, viven.....
Quen nós pagamos.

Que difícil é
Ter que contalo,
Mais dificil é
Ter que pasalo,
Ben máis triste
Os miles e miles,
Que tendoo sufrido
Que tendoo pasado,
Nin poden vivi-lo
Nin poden contalo.

Vai de Ministros
Vai de Secretarios
Vai de Diretores
Vai de sanitarios
Vai de seguros
Que todos pagamos,
Vai de víctimas
Do sistema... sanitario.

Cantas mortes !!
Canto inválido !!
Canta irresponsabilidade,
E canto engaño, sin pasar
Polo Xuzgado !!,
Sendo donos
E estando obrigados,
Non temos dereitos
Por Lei !!... de xuzgalos.


Ficos, en Helmond (Holanda), xaneiro do 2001.
Adico iste poema en homenaxe a tódalas víctimas silenciosas da Seguridade Social.

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ