Ir a soios.com

Prisioneiro

Fisterras

Dos meus sentimentos,
Das miñas soedades,
Da miña sinceridade,
Das miñas incapacidades.

! Prisioneiro !

Dos pensamentos,
Que me levan a ningures,
Do que eu quixera, e non podo
Do que eu deseio e non sei,
Dunha fala extrana, que eu non domino,
Dun pais alleo, que non é o meu,
Dun bó traballo, !onde son ninguien!

! Son prisioneiro !

Dunha Terra, !que me veu nacer!
Dunha Terra, !prisioneira!
Que manda aos seus fillos, !as cadeas do mundo!
E, moitos déles...
Xa nunca máis... a volverán a ver.

Ficos, en Helmond (Holanda), setembro do 2000

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ