Ir a soios.com

Pra ti: Nai e amor

Fisterras

Onde vai o tempo
Do respeto e amor,
Pra con os seres
Que vos deron a vida.
Sei ca...
Os ollos non ven?
O corazón non sinte?
A testa non pensa?
A palabra, é unha ofensa?
Filliñas de tanto agarimo
De noites sin dormir,
Velando co corazón nun puño
Os anxos dun amor
Coma ilusión suprema
De vosa sinxela e humilde nai!!
Co traballo e co esforzo,
Cas preocupacións de todo-los días,
Cas alegrías das novas vidas!!,
Loitando cos tropezos
Das incomprensións, e das envidias
Aínda hai pais, que sin riquezas
E, en deudas toda a vida,
Van polo mundo
Ca honradez de bandeira
E a testa ben ergueita.
Fillas... e fillos, que adulan
A sogros con diñeiro,
Que se suben, ó carro...
Das apariencias,
De vanal conversa
E palla na testa,
Sufren e son moi dispostas,
Con quen non as levaron... a costas!!
Mal agradecidas, a vida
Eche moi corta!!.
Vou polo mundo
Da man do meu amor,
Se as fillas non me queren
Si me quere o meu amor
Xuntos viviremos,
Mirando para o mar,
Mirando para o infinito,
Onde o noso amor, irá a parar.

Ficos, en Helmond (holanda), setembro do 2000.

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ