Alá ao lonxe... nese camiño que din de Santiago, nas montañas que, din, nos separan da Franza, crúzanse dous homes, o un é galego, e o outro francés.
Un vai, e o outro ven, pois claro!, xa!
- Vou ben por iste camiño a Santiago, Patrón das Hespañas e Amigo do Señor?, (pregunta o francés)
- Vas oh!, claro que vas ben, (contesta o galego).
Véndose os dous solos nos silencios dos camiños, e nos pensamentos rebulindo cadanseu os motivos polos que estaban nese camiño do "Señor", pasado un anaco o galego diríxese ao francés:
- Máis unha pergunta lle fago meu home;
- Vou eu ben por iste camiño na percura dun patrón, que non sexan coma os das hespañas e amigos do Señor?
Revirouse o pelengrín e púxose a par da andaina do galego e dille:
- Pero ti, por istes camiños, que buscas? Traballo?
- Pois claro!, que vou buscar eu si non sendo galego?, pensas que si non fora eisí, ibaste a encontrar por iste camiño, que din de Santiago, a un home desguedellado e canso coma min, indo ao sentido contrario do que van todo-los pelengríns?.
- Tés razón!, dixo cavilando o francés, que lle contesta:
- Mira, veño dende París, e si ti queres, non hei de seguir.
- Non comprendo señor!, este é o camiño de Santiago, Patrón das Hespañas e Amigo do "Señor", eu son galego e vostede un pelengrín.
- Xa meu home, xa!, Xa o comprendin. Mais eu téñoche que decir que eu xa cumplin, téñoche andado xa muito pra cumplir unha promesa que eu prometín. E no Camiño de Santiago, díxoo o noso crego, atoparía o meu porvir...
- Señor! señor!, que me quere vostede decir?, que por máis que o penso, non me entra no maxín!
- Queres traballo?, falémolo eiquí, e poñámonos lixeiros camiño de París.
- Arrenegado sea o Demo!, a miña Loliña tíñache razón, decíame: Vaite, vaite... meu corasón! Que por ises camiños da Europa, atoparás a nosa solución!.
E de contado danse a man, e coma bos irmáns, cun forte abrazo sellan o trato, e de inmediato puxénronse camiño de París.
Din as malas lenguas, que tan ben lle foi ao dito pelengrin, que dende Bruxelas, Xenebra, Frankfurt ou París, xentes e xentes de un bo vivir, facían o camiño de Santiago, na percura.... de se redimir.
Ficos, en Helmond (Holanda),
1.998 |