Boas tardes Rosa,
Boas, Serafin
Linda pastorciña, que facés ahí
Por esas montañas
Cheíña de frio,
Dígoche mociña, que veñas conmigo.
Contigo non vou,
contigo non irei
Que me di meu amo,
no que me ocupei.
Si che di teu amo
no que te ocupaches,
nunha nube de augua
toda te mollaches.
Dille ó meu amo,
que eu mentir non sei,
Dille ó meu amo,
no que me ocupei:
Nunha nuve de augua,
toda me mollei.
Xente do lugar, apraudir ao prado
Que bula-ai-vai... Rosiña
co seu namorado.
Zapatilliñas de chanclas,
e medias de lan de ouvella,
Que bula-ai-vai... Rosiña
Que bula-ai-vai... Rosiña,
A moza da aldea.
Ficos,
transmisión oral de Pura Miguez Dieguez
Vrao do 1.997