Hoxe, díxenlle ás miñas filliñas
as pequenas !!
Quen ama, sempre está cerca.
Camiñando, vou pola vida,
camiñando na compaña
da man do meu amor
e nas nosas costas,
unha gran carga.
A vida..., que cousa é esa?
creámola, coidámola, mimámola
e... agarimámola !!
Cando te das de conta,
nun suspiro da túa vida,
crendote que de un amor
nace amor !!,
a dura realidade,
enséñate !!, que nós...
formamos parte, DA VIDA !!
E ti,
que formas parte desa vida,
que con amor coidas os sentimentos,
que os diñeiros vanse nunhas alegrías.
Probiño de ti,
a vida, vaiche enseñar
que o diñeiro forma parte
DA VIDA !!,
e, pénsao ben, moi importante
NA VIDA !!
Vida que con tanto amor, ti creaches.
Paseándote con alegría
por diante de ese Deus "diñeiro",
da man do teu amor
que che dá vida.
Unhos olliños...
que á túa beira camiñan,
préndense de ese Deus...
e agora... con el... camiñan.
Miñas fillas, filliñas miñas
vidas novas, unhas criaturiñas,
solo por vós
que culpa tedes nengunha,
escondendo a nosa tristura
forzas sacamos,
e día a día loitamos,
ca esperanza, que algo
do noso ser, tivera herdanza.
A nosa porta está trancada
e sempre aberta,
porque quen ama
sempre está cerca !!.
Ficos. Helmond (Holanda), 1996.