Ir a soios.com

En Madrid

Fisterras

En Madrid

Con nove anos!!...
A onde vas soliña?
Aínda eres unha rapaciña.
Vas buscar o pan,
Madrugas cedo na vida!!,
Lonxe da casa, lonxe da terriña!!.
Sin ir á escola,
Cada mañanciña
A levar os nenos
Dunhas señoritas,
E lava, e frega
E limpa, todo-los días
Pasalo servendo
E falo con alegría.
Durmes nos trasteiros,
Nunhas casas moi ricas,
Logo de contar uns contos
Aos meniños e ás meniñas,
Nun currunchiño
Fai a súa camiña,
No silencio da noite...
Bágoas lle caen
De saudade... de morriña.
Tres irmaos,
E tres irmanciñas,
Teu pai Máximo
Tua nai Puriña,
Con coarenta grados
de febre... sempre caladiña,
coma podes aguantar... Soliña!!
Unha beleza da vida!!
Lonxe da casa
Lonxe da terriña!!.
Con amor.....

Ficos, en Helmond (Holanda), 27 Outubro do 97

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ