Ir a soios.com

De negro engalanados

Fisterras

Dende o lonxe,

estou en tensión,

dende o lonxe

sinto, mil emocións,

un berro ao ceo elevo

cargado de maldicións!!.

 

Unha sombra negra

cubre o meu corazón,

no Finisterre do mundo,

o mar..., de loito..., negro...,

se engalanou!!.

 

Son os nosos mariñeiros,

de firmes convincións,

abandoados de reises e bufóns,

en loita ca maldición

exemplo rexo, nas solucións!!.

 

Desperta Galiza!!, desperta

do engaño e da manipulación,

desperta das fouces dos caciques,

dos falsos amores á Terra,

desperta do teu sono...,

de Breogán Nazón!!.

 

Xuntos, nas nosas propias forzas

acadaremos solucións,

miremos libres pra o mundo,

deixando espidos, reises, virreis é bufóns,

ca grande bulra do decreto...,

da "Doma e Castración".

Ficos, en Helmond(Holanda), decembro do 2002.

Contador © Copyright SOIOS.COM CONTACTO Ir a MENÚ