Emigración galega a Europa |
![]() |
|
O bom da reconstrución da Europa destruida na chamada II Guerra Mundial, obrigou a importar man de obra dos países limítrofes que non sufriran a devastación nazi-aliados. Eisí abriuse a espoleta migratoria dun país que estaba sendo sancionado internacionalmente por pervertir a legalidade republicana, impoñer un réximen dictatorial fascista e colaborar declaradamente cos perdedores desa Gerra Mundial, onde España foi e serviu de laboratorio de probas. A emigración convertiuse no gran respiro politico-económico do Réximen Franquista, pois por unha parte debilitaba o movimento obreiro cunha masiva fuxida cara a Europa onde estabilizar a estragada economía familiar, é ao mesmo tempo convirtiuse ísta emigración ou fuxida no revulsivo económico que estaba a precisar o Réximen para perpetuarse no poder. Os bancos, caixas de aforro e empresas de todo índole (sobor todo as relacionadas ca vivenda) empezaron a ver divisas en cantidades astronómicas, o que deu en conformar todo un emporio mediático e funcionarial a fin de captar isa economía en auxe, o que non se via recompensado no trato que recibia o emigrante, tanto nas súas tercermundistas viaxes coma na información e asesoramento. É precisamente nos países de acollida, onde o emigrante ve e experimenta un millor trato e servizos, sobor de todo no trato persoal na relación cas institucións do estado de acollida, coma concellos, policía, sanidade e asociacións de axuda e orientación, sendo na maior parte das veces tratados con respeto e sin diferencias según a visión física da persoa ou da súa formación e presencia. Diferencia cualitativa e cuantitativa que todos os emigrantes sopesamos e contrapesamos á hora dun posible retorno, sabendo da clase de déspotas e mal educados que casi sempre atopamos en todo-los servizos públicos españois, e coma nón, no galego, herdeiro desta cultura do "señoritismo" castelán que está presente en toda relación institucional e bancaria. De unha masiva acollida de emigrantes sin as debidas infraestructuras de aloxamento e orientación na futura estancia, pasouse a destinar grandes partidas orzamentarias a fin de asesorar na medida do posible ás moitas problemáticas que se estaban a crear, e tamén a poñer a disposición de ises "invitados"(eisí dicían textualmente) condicións físicas para a reunión e entretemento social na diversidade de culturas, financiando locais, suministro de enerxía, intérpretes, asistentes sociales e axudas económicas pra determinadas actividades. S alvando casos illados no particularismo de cada ún, o acollemento dispensado aos latinos e concretamente aos galegos nos países de Europa foi digno de exemplo. Polas formas, polo respeto, pola consideración e aprezo do que non estabamos acostumados na nosa Terra, tanto no trato da relación empresa-obreiro coma administración-cidadán. Aqueles tempos de selección e examen médico obrigando a porse en coiros a cincoenta ou cen persoas nas mesmas dependencias institucionais galegas e o posterior translado e ubicación masificado en complexos pre-fabricados no lugar de destino, pasouse a un paulatino respeto e consideración, é en moitos casos, a unha apreciación palpable do carácter dun pobo. Eisí, houbo algunha fábrica, que o simple feito de ser galego era garantía de ser admitido sin ningún miramento. Nos primeiros tempos da emigración europea, os "españois" non gozaban de prestixo, máis ben o contrario, poda que fora o resultado da politica na que se vivía, onde o Réximen Franquista era moi denostado, e nalgúns bares e cafeterías os emigrantes aínda poidemos comprobar ísta xenreira con carteles que decían: "Non se admiten españois e marroquís". Pero o contacto permanente no traballo e na sociedade foi limando ístas asperezas, onde actualmente España e os españois gozan (gozamos) dun ganado respeto e prestixo. A integración do emigrante galego en Europa foi máis ben o resultado do "desarraigo" que atopaba ao volver á Terra, fose ísta volta temporal coma definitiva, ao comprobar as múltiples diferencias en todo-los ordes da vida dunha persoa en relación ao país no que estivera a traballar. Os galegos, hispanos ou latinos, sufrimos en carne propia as diferencias culturais e o traballo que custa adaptarse a outras formas de traballar, do esparcimento, do entendimento idiomático, da separación familiar, do estar cun pé na Terra e o outro no país que lle da traballo e seguridade, de vivir de recordos e desexos que poucas veces verá cumplidos, e de pasar amargas experiencias nese retorno soñado, que moitas veces o catapulta definitivamente a elexir ise país onde estivo a traballar coma residencia definitiva, é algunhas veces, cambiar definitivamente de nacionalidade. Os emigrantes que fixaron residencia nos países de Europa, pódese decir sin lugar a error algún, que o fixeron "conscentes", sabedores da inestabilidade laboral, sanitaria e social que durante moitos anos non garantizaban un retorno digno. Polo contrario, tanto gobernantes coma familiares aconsellaban sempre "non volver", a pesar dos moitos millóns aportados pola emigración. Nin España nin Galiza garantizaban mínimos estables para unha emigración que se considerou dende o primer intre "temporal", convertendose co paso do tempo de "longa duración" é pra moitos "definitiva". O paso da emigración nun primer intre de "temporal" a longa duración ou definitiva, produciu uns efectos negativos na posible e futura relación dos emigrantes de primeira xeración, pois ao non ter formada a idea de longa estancia nos países de acollida, pensouse máis en traballar e aforrar que en integrarse nuns países de fala difícil, descoñecendo o funcionamento da sociedade e as súas posibilidades, polo que cos anos a integración fíxose traumática para a gran maioría de ísa primeira xeración por non ter apenas posibilidades de acceso ao estudo e formación profesional. As cualidades mostradas na adaptación a calquer traballo, de a pouco foi conformando unha cadea na que as decisións podianse converter en consecuencias graves para o futuro. Eisí, idos e vidos á emigración europea, encontranronse con traballo seguro, seguridade social envidiable, salario estable e ben pago e aforro en divisas moi apetecibles para as entidades bancarias, pero no subsconscente a ideia dun "volver" que se contradecía ca realidade laboral e de seguridade social que se vivía na Terra, polo que a gran maioría da primeira xeración de emigrados a Europa transitaron nunha situación inestable que levou a que uns tomaran decisións de retorno e se viran en moitas situacións moi comprometidas, é lembrando o traballo e seguridade que deixara en Europa. Outros permaneceron neses países e paseniñamente foron conformando un futuro estable pra a familia, ca salvedade de que a gran maioría de isa primeira xeración non estivo plenamente integrada no país que decideu botar raíces. O que lles impediu adequerir coñecimentos e posibilidades, tanto laborais coma sociais. Outros moitos miles de emigrantes, unha vez conformada descendencia, decidiron confiar ísta á "aboa" ou á "irmán", ou en todo caso á separación do matrimonio a maior parte do ano, o que trouxo unhas relacións afectivas moi dificiles e de moita door e bágoas. Outros moitos miles de galegos viven e morren lonxe da Terra, atrapados nese circuito vicioso que lles impide "volver" con dignidade. A dignidade de ser galegos e ver e suportar que a Terra que lles deu vida é incapaz de devolverlles a ilusión e o respeto polo seu sacrificio. Nunca Galiza está en condicións de acoller a seus emigrantes e de integralos na sociedade galega con proiectos que os dignifiquen e sepa aproveitar os moitos valores e conhecimentos adequiridos en sociedades máis desenvolvidas. Máis ben todo o contrario, vese ao emigrante retornado ou ós seus fillos coma a uns máis dos que veñen a "pedir"... é o sentido da caridade que certos gobernos e gobernantes dispensaron e dispensan a quén co seu sacrificio e aforros conseguiron revitalizar moitos sectores económicos que foron os motores dunhas millores perspectivas de futuro da sociedade galega é... española. A masiva emigración a Europa de galegos, portugueses, andaluces, extremeños, marroquís, turcos, yugoeslavos, antillanos, arxelinos e un longo etc., contribuiu enormemente ao rexurdir industrial e comercial da práctica totalidade dos países europeos. E coma consecuencia do rexurdir económico e industrial, a masiva importación de man de obra barata, e ísta dunha variedade cultural e étnica tan diversa, conformándose moitos e grandes núcleos de poboación que o seu denominador común é o chamado "cosmopolitismo", pola gran variedade de culturas e razas que conviven nun mesmo espazo social e económico. Actualmente en Amsterdam, máis da mitade dos seus moradores son da orixen duns 120 países e culturas distintas. E coma Amsterdam estanse a conformar todos os núcleos importantes de Europa, nos que nalgúns casos e por políticas erradas, conformáronse "guettos" onde determinadas orixes identitarias fan valer os seus pequenos poderes, adequeridos na forza do número e de arraigos étnico-relixiosos. Neste mundo europeo de diversidade de estados, de diversidade de nacionalidades e pobos cas súas línguas proprias e ca variedade cultural tan diversa, os galegos temos un sentido da adaptación que "nunca" creamos problema algún. Acostumados coma estamos a suportar línguas alleas, levamos o noso idioma polo mundo coma si dun amuleto se tratara. Cando queremos o utilizamos, e cando non o vemos útil o deixamos. É, ao non ser Galiza un estado libre e reconhecido, os galegos vivimos adaptándonos ás circunstancias, tanto ás nacionales propias coma ás realidades idiomáticas nas que nos tocou vivir e convivir. Resultado destas adaptacións, temos aos nosos fillos que dominan dous ou tres idiomas de prestixio, e que con suma facilidade se integran plenamente na sociedade na que creceron, saben iso sí, de onde proceden. Moitos destes fillos teñen unha relación afectiva con Galiza, a súa cultura é idioma, pero son os menos. A representatividade "española" pésalles coma unha lousa coma pra ser conscentes das súas orixes e riqueza cultural e idiomática da que proceden. Os moitos Centros Galegos que se foron conformando en toda-las cidades e pobos europeos onde habia un bó número de galegos, os fixeron ca plena concencia e conhecimento de sentirense membros dunha cultura e nacionalidade común, a de ser "galegos", a sabendas dos malos ollos que poñen moitos dos chamados "españoles" que casi sempre o ven coma unha afrenta e nón coma o que é: unha cultura, unha fala distinta, un pobo. Pero é dificil ver sociedades galegas en Europa que respondan axeitadamente a conceptos "culturais galegos", no que o ensino do idioma, do estudo e conhecimento da nosa historia, do análisis do feito migratorio galego, etc. sexan preocupacións colectivas. A única e verdadeira función á que sempre responderon ístas sociedades galegas foi a de crear un espacio de convivencia antre persoas dun mesmo orixen cultural, un espacio que sirva de entretemento e relación social pero que no tempo foron causa e orixen de moitos conflictos, o que deu en que hoxe a gran maioria dos emigrantes e seus descendentes de orixen galega non estean pola labor de "sociedades culturales galegas", e as que siguen a funcionar carecen de representatividade numérica e ao mesmo tempo modélica. Hoxe Galiza entra no "cosmopolitismo universal" da man dos fillos dos nosos emigrantes, pois, obrigadas isas primeiras xeracións de emigrantes a decidir o botar raíces na terra na que foron acollidos, os nosos fillos estanse a integrar en todo-los países europeos, e Europa é un conxunto moi variado de étnias e pobos cas súas respeitivas costumes, culturas e idiomas. Os nosos fillos casan con alemáns, ingleses, irlandeses, belgas, franceses, italianos, holandeses, luxemburgueses, austriacos, suizos, portugueses, escoceses e máis que se poda encontrar. Así non será raro ver por terras galegas persoas de orixen europeo falando tranquilamente o "galego"e que dende as nosas institucións lle fan toda clase de reparos a normalizar o seu uso no seu proprio país. A sí podemos decir sin que nos elexemos moito, que os galegos nas sociedades que foron conformando, a dia de hoxe so un 22,5% participa coma socios. Acuden a xuntanzas, reunión e actos culturais un 21,2% aproximadamente. E participan distes eventos os fillos dos emigrados que naceron na terra na que están a viver o 13,7% aproximadamente. Destes fillos de emigrantes, so un 22,5% participa nas sociedades formadas polos pais ou por eles mesmos. En canto a fala, na casa e entre fillos e pais se fala o galego o 45%, o castelán o 23,7% e o idioma propio no que se está a viver o 17,5%. Na escrita xa é pior, pois os galegos emigrados non pasan dun 6,2% e os seus vástagos non chegan nin a eso, o 5%. De entendederas xa andamos millor pois os nosos fillos entendennos no galego que falamos nun 62,5% e no castelán nun 60%. A maior parte dos nosos fillos din descoñecer Galiza, vena "atrasada" e tamén "bonita", aparte de sentila coma propria para a maioria. E con isto da "normativa" para con o idioma galego, tanto pais coma fillos opinan que iso non vai con eles, pois emigraron a Europa cun idioma proscrito no ensino e malamente poden transmitir o pouco que saben suxeitos a "normas" que ninguién lles enseñou. Istas porcentaxes e expresións son fruto dunha consulta moi limitada no numero e nas respostas na que se facian diversas preguntas cara ao asociacianismo cultural galego e o coñecemento e práctica do idioma, polo que non se poden considerar válidas a efectos de estísticas, pero que sirven de orientación para conhecer aspectos relevantes da situación dos emigrantes galegos en Europa e seus descendentes. D. Federico E. Avila Soto |
| © Copyright SOIOS.COM | CONTACTO | Ir a MENÚ |