Comparado o Galego |
![]() |
| Palabras xeralmente pouco coñecidas en galego (calqueira das variantes ou normativas), que coinciden co portugués que é a oitava lingua do mundo segundo languagemonitor.com Lista de palabras galegas e traducción o Castelán Algunha da precisión do galego ao falar pode-se ver se se comparar co castelán, por exemplo: “pueblo” o castelá non diferenta entre “povo” e “vila” como o inglés “people” e “village”, ou o francés “peuple” e “village”. Outros exemplos son “vino” en galego “viño” ou “veu/veio” do verbo vir, “pendiente” é “pendente” e “brinco” para pór na orella, esposas (mulleres, utilizadas polos corpos de seguranza) en galego seria esposas e alxeme, cortiza (arvóre), codea (pan) (corteza en castelá), cais e mola, (muelle), aí ve-se como para distinguir o que significa en castelá ha que recorrir ao contexto.O galego devido a unha considerábel perda de uso de palabras como “urso” non distingue entre “oso” de “hueso” e “oso” de animal, mas utilizando a forma correcta “oso”=”hueso”, “urso”=”oso” como o fan o francés “os” e “ours” e ao italiano “oso” e “orso” ou o Portugués “oso” e “urso”. No que toca ao comprimento das palabras, xeralmente o castelán utiliza mais sons que o galego salvo nas terminadas en: eiro/a, ouro/a, xa que verbos como decartse ou reparar en castelá é “darse cuenta”, ou como os “ponte, fonte” “puente, fuente”. As palabras asinaladas podem ser consultadas entre as tres webs abaixo indicadas: www.edu.xunta.es/ diccionario s/index.html Todas as palabras asinaldas poderian ser portugués, mas a uninca diferenza seria que habería que sustituir xeralmente (non sempre) o x por j ou g, como janela, gíria, e os ll por lh como partilhar, e os z por ç como orçamento, e o ñ por nh como tenho, muitas veces o s por ss, como nosso, o c por z como fazer, outras vez é o til como pôr.Na zona de Tui e Zamora di-se, Xa to dixen, en Portugués: Já to disse. Algunhas diferenzas entre o galego e o Portugués.
Semellanzas do Galego cas linguas latinas (Occitan, Francés, Catalan, Romeno, e Italiano) Semellanzas do Galego co Vasco Semellanzas do galego cas linguas Nordicas e Saxonas (ingles alemao holandes noruegues sueco) O GALEGO Os primeiros textos aparecen à volta do 1175 com o documento “Noticia de Fiadores”, ainda que o escrito mais antigo atopado na Galiza, desde o 1228 co “O foro do Bo Burgo do Castro Caldelas”, onde xa se pode ver o uso do “ç” como en Portugués, Francés, Catalá, Occitán, até ao 1671 con “entremés famoso da Pesca no Rio Miño” pode-se ver o uso do “nh”=ñ, “lh”=ll como ten ainda hoxe en dia o Portugués e o Occitán e o Gascón ou unha parte do galego, vexa-se o galego-portugués ou proto-portugués.A conclusión que se pode tirar de toda esta comparación é que o galego non é somente unha lingua da Galiza que se parece moitisimo ao portugués, mas é tamén unha lingua que ten palabras doutras linguas e que tamén partillou a forma escrita de ç, nh, lh com outras linguas como o Portugués e linguas que há hoxe en dia na Franza, daí o seu interese para a aprendizaxe doutras linguas e coñecemento da orixe do presente da nosa cultura. A GHEADA NO GALEGO E NO HOLANDÉS As palabras grande “ghrande” ou groot (grande) pronuncia-se “ghrout”,-advertencia non se utilizan os rasgos foneticos” para o facer intelixíbel. O CAIS E O “MUELLE” En todas as linguas aquí analisadas, noruegués, alemao, inglés, holandés, euskera, galego, di-se Kai, Kaai, quay, quai, kaia, cais salvo para as linguas cun grande espazo de costa no mediterraneo di-se: italiano-Molo, catalao-Moll, español Muelle. O Occitán emprega a palabra banqueta como o italiano que emprega banchina, O romeno que non ten saida a nenhun dos mares acima asinalados e utiliza “chei”, sendo nas linguas celtas de Irlanda,Gales e Bretaña: cé, cei, kae. SEGUNDA-FEIRA E LUNES. Os dias lunes (dia da lúa), Lundi (fr), Lunedí (it), Dilluns (cat), Monday (Lua=Moon day), Montag (D), Maandag (Nl)…etc sendo no galego/portugués (segunda-feira), euskera (Astelehen), Ruso (пятница)=sexta-feira e en chinés ( ??? ), i stes son alguns exemplos de línguas con dias numericos. UN PEQUENO RESUMO HISTORICO A inscripción mais antiga atopada na Galiza, foi na Coruña, un oso en escritura ibero-tártesica tendo sobre uns 4000 ou 3800 anos antes da nosa era, sendo a incripción mais antiga da Europa Occidental até agora atopada. No ano 137 antes da nosa era, iniciava-se a invasión romana na Galiza, atopando-se istes cos Gallaeci, segundo o Romano Plinio se constatan 65 tribos. No 411 da nosa era, chega o povo dos Suevos cuados, povo da marxe esquerda do Danubio que procedian do norte da Alemaña e da Suecia, este povo instaura o primeiro reino da peninsula iberica orixinado a partir do imperio romano con capital en Braga (Portugal). Ano 501-542? chegan os Britons desde o Sul da Inglaterra ao Norleste de Lugo que foxen das tribos Angles e Saxons. Ano 844, 150 barcos vikingos,zarpan para Galiza, sendo derrotados na Coruña, seguen vindo, derrontado aos galegos no ano 968 e sendo no 1015 a invasión vikinga mais devastadora na Galiza. No ano 1139 formase Portugal ao se independizaren o condado de Coimbra e Portucale. No ano 1933 Galiza é recoñecida como nación no congreso de Berna (Suiza) e no ano 1978 constitui-se a Xunta. RESUMINDO A conclusión que tiro de este estudo (aglutinando todas as normativas do galego-non a nivel da grafia) son:
Autor: Carlos Bello Méndez, da Coruña (España). |
| © Copyright SOIOS.COM | CONTACTO | Ir a MENÚ |